Loita ante a adversidade para o infantil femenino 2005

-Infantil femenino 2005, CAB Pontevedra 14-62 Extrugasa Rio Ulla

Desigual partido o xogado en Pontevedra este Domingo.

Así como noutros partidos o CAB ‘entraba’ no partido tarde, neste caso as xogadoras do CAB 2005 iniciaban máis centradas o encontro pero as 12 compoñentes das visitantes mais a súa talla e idade, facilitoulles irse impoñendo no marcador a pesares do traballo dunhas xogadoras do CAB 2005 que loitaron moito e ben ata o final, cun grande esforzo físico.

Aínda así, 6 das 7 xogadoras do CAB ( pola ausencia de Sofía Montagut) foron quen de anotar: Clelia Morales e a onte capitana Antía Rodríguez anotaban 2 puntos, igual que Marina Santos e Tian Goas. María Martín acadou 4 puntos e Belén Da Silva 2. Neste sentido, as Infantís de primeiro ano do CAB notaron a falta da fluidez anotadora habitual de varias das súas xogadoras que onte ou non anotaron ou acadaron poucas canastras.

ANIMO E A SEGUIR