Jue, 23/11/2017

Avance da fin de semana para os equipos do CAB

Xa chega a competición na fin de semana para os nosos equipos e nesta ocasión, máis espaciada no tempo xa que a actividade arrinca xa mañán venres as 16.45 co partido que enfronta as nosas alevíns de 2007, CAB Inmoponte co CB Arxil B, posto para esa hora por petición das arxilistas.

No sábado é cando temos a axenda de partidos máis cargada. Na matinal as 10.00 o equipo infantil H de Álex visita a un forte e físico rival, o Xuven de Cambados mentras que as rapazas de Susana, CAB 2007 reciben as 12.00 en Príncipe Felipe a un potente rival, o Marín Peixegalego, na terceira data de competición.

Pola tarde será o turno dos equipos preminis cun dobre enfrentamento diante do CLB Sigaltec. O CAB premini femenino rende visita en Carril o Sigaltec Sparks as 16.00 mentras que á mesma hora no Príncipe Felipe o CAB premini masculino dirixido por Javier pretende seguir coa súa boa xeira de resultados diante do Sigaltec Knicks. A mesma hora, dificil compromiso para o CAB mini masculino que visita na Raña ao Marín Peixegalego.

Para as 18.00 e na Xunqueira queda o prato forte do día: o Infantil R pon en xogo o liderado da súa Liga enfrontándose ao Estudiantes S. Veremos si os de Ramón son quen de manter o bó nivel.

A xornada pecharase o domingo con dobre cita no Príncipe Felipe. As 10.00 xogan os CAB Cadete en busca da súa segunda victoria consecutiva nun parte da temporada máis propicia en canto aos rivais. Enfrontanse ao Marín Peixegalego B. E rematará a xornada cun partido moi especial: o enfrentamento entre os nosos dous equipos infantís femeninos. As pequenas, o CAB 2005 de César reciben como locais ás do CAB 2004 entrenadas por Pablo. Seguro que o partido será apaixonante e dende aqui invitamosvos a todos a que subades a Príncipe a seguilo.

A disfrutar co basket!!!

en la prensa

Campus de pretempada do CAB Pontevedra
25/08/2017 Fegaba.com
Hoxe visitounos o CAB
22/06/2017 IES Sanchez Cantón en Facebook
El primer triple (reportaje sobre el Premini femenino 2007)
22/05/2017 Diario de Pontevedra
Los pequeños reyes del baloncesto base
02/05/2017 Diario de Pontevedra
El CAB pule su cantera
Miércoles 7 de septiembre de 2016 FARO DE VIGO

fotos

,