Mar, 18/02/2020

Babys e preminis participan no VII Torneo Entroido do CB Redondela

Dous equipos do CAB Pontevedra, premini masculino e babybasket, participan este próximo sábado día 22 na séptima edición do Torneo de Entroido, organizado polo Club Baloncesto Redondela. O torneo terá lugar no pavillón redondelano da Marisma en horario de mañan e non ten carácter competitivo.

Recolleranse alimentos para Cáritas Redondela.

O CAB participa no torneo con 13 nenos na categoría preminibasket e 15 nenas e nenos en categoría babybasket.