Lun, 02/09/2019

Charla formativa sobre novas normas arbitrais

Este próximo venres día 6, a partir das 18.30 e no pavillón do IES Frei Martín Sarmiento, o CAB Pontevedra organiza unha xornada informativa sobre as novas normas arbitrais.
Contaremos coa presenza de Pedro Coladas, árbitro FEB que nos explicará entre outras cousas, os cambios regulamentarios, paso cero, faltas antideportivas, etc.

A charla esta aberta a xogadores, técnicos, directivos e en xeral a toda aquela persoa interesada no basket.

Consideramos que este tipo de charlas poden ser moi interesante e dende aquí invitamos a todos os interesados a participar. Non é necesaria inscrición previa.

Agardamosvos no Frei.