Jue, 03/10/2019

Convocatoria para a Selección arousana de minibasket

O CAB terá representación na Xuntanza de minibasket que organiza a Federación Galega en Santiago o próximo día 12, no pavillón do Restollall. Olga Argibay, Alba Argibay e Elena Caínzos en categoría feminina e Tomás da Silva en categoría masculina foron seleccionados polos técnicos da FEGABA para participar nesta convocatoria na que se enfrontarán contra as outras seleccións das delegacións zonais.

Pero a participación do CAB non se limita soamente a estes 4 nombres. Os adestradores, principal e axudante respectivamente, serán os técnicos do club Ramón Santos e Mariña Alonso.

Dende o CAB felicitamos ós seis pola súa presenza na Xuntanza e agardamos que en sucesivas convocatorias a representación do CAB siga sendo tan numerosa.