Mié, 27/03/2019

Convocatoria para Xornada de harmonización da FEGABA

Tomás Da Silva, xogador do noso equipo de minibasket Liga galega foi convocado para participar xunto a outros 18 rapaces nados no ano 2008 na Xornada de harmonización organizada pola Federación Galega de Baloncesto este próximo domingo día 31 de marzo nas instalacións do Colexio Peleteiro en Santiago.

O noso xogador é un dos únicos tres que representan á Delegación arosana nesta convocatoria de carácter autonómico.

Dende aquí felicitamos a Tomás pola súa convocatoria e ao seu adestrador, Javier Alonso, polo esforzo diario así como aos seus compañeiros que melloran día a día.

¡¡ A disfrutar da Xornada e a seguir traballando !!

  • Deputacion Pontevedra
  • Xunta de Galicia-Deporte galego
  • Concello de Pontevedra - Deportes
  • Xunta de Galicia-Galicia saudable
  • CAB e Pontevedra Rugby Club, clubs hermanados

    Inmoponte - CAB Pontevedra
    Domino's Pizza
    Magarden-Mafari
    Ortopedia Acceda
    Valorar-t
    Umana

    anuncios

    Ven al CAB

    crónicas de los partidos del CAB

    fotos

    los equipos del CAB