Jue, 11/06/2020

Crónica final de la temporada 2019-20: CAB Mini Amarillo

Comezamos en Setembro uns meses que ignorabamos o que nos amosarían: chegadas, saídas,
facer dun equipo dous ...e ata un final único na historia.
Dos oito xogadores do primeiro día ata os vinte cinco que chegamos a ser, fomos
incrementando o número de persoas no grupo. Aprendemos así que multiplicar o equipo por
dous supuxo dividir a pista pero esa suma de factores non restou na aprendizaxe e mesmo
produciu novas amizades.
E así paseniño, fomos dándolle un significado deportivo a “E.R.E.”. Soubemos que ás veces hai
que dar un paso adiante cando marcha a persoa que considerabamos imprescindible para nós.
E despois chega outra e parece que sempre estivo con nós.
Mesmo comprobamos que equipos que nos superaran a principios do curso ...podiamos agora
con eles por algo como querer esforzarse e ser un equipo. E chegou marzo e houbo que parar
cando estabamos a nada de volver xogar entre nós.
NORABOA polo esforzo chicos.
Noraboa Aldán, Noraboa Alejandro, Noraboa Anxo Adrio, Noraboa Anxo Baltasar, Noraboa
Dani García, Noraboa Dani Martínez, Noraboa Diego, Noraboa Jacobo, Noraboa Joel, Noraboa
Juan, Noraboa Luca, Noraboa Marco, Noraboa Tomás.
NORABOA EQUIPO.

Moi orgulloso de acompañarvos
Grazas mamis , grazas papis, grazas avoas , grazas avós, tías e tíos. GRAZAS FAMILIA
Puidemos aprender tamén que xogar entre nós podía ser unha festa para vos cando xa eramos
dous equipos pero un só grupo. Temos ese derbi pendente.

NORABOA EQUIPO