Vie, 05/10/2018

Dúas minis do CAB coa selección arousana

Nuala Casado e Blanca Collazo, xogadoras do noso equipo mini feminino CAB MRW formarán parte da selección zonal arousana que participará na Xuntanza que terá lugar o próximo día 12 de outubro no pavillón do Restollal en Santiago de Compostela.

A Xuntanza consiste nunha competición amistosa entre a selección arousana, as seleccións das outras delegacións federativas zonais e a selección galega 2009.

Para o CAB é un motivo de orgullo ter a estas dúas xogadoras convocadas e as instamos a que sigan a adestrar igual de ben xunto as súas compañeiras a ao seu adestrador, Ramón Santos.

  • Deputacion Pontevedra
  • Xunta de Galicia-Deporte galego
  • Concello de Pontevedra - Deportes
  • Xunta de Galicia-Galicia saudable
  • CAB e Pontevedra Rugby Club, clubs hermanados

    Inmoponte - CAB Pontevedra
    Domino's Pizza
    Magarden-Mafari
    Ortopedia Acceda
    Valorar-t
    Umana

    anuncios

    Ven al CAB

    crónicas de los partidos del CAB

    fotos

    los equipos del CAB