Mié, 11/10/2017

Estreno da tempada oficial 2017-18

Este proximo domingo o partido da 2ª división cadete masculina entre o CAB Pontevedra e o Xuven Cambados (Príncipe Felipe, 17.00) servirá para dar o pistoletazo de saída á tempada 2017-18, a cuarta xa dende a nosa posta en marcha no verán de 2014.

Os pupilos de Mauri, os máis veteráns do club, estreanse fronte os cambadeses na primeira xornada dunha liga de grupo único formada por 13 equipos que loitarán polo ascenso á Liga galega.

Posteriormente irán iniciandose as competicións dos equipos infantís (nos que o CAB estará representado por dous equipos femininos e dous masculinos), minis e preminis, para rematar coa competición dos máis pequenos, os babys.