Lun, 30/10/2017

Gran matinal de minibasket no Frei M. Sarmiento

Excelente mañán de domingo a que disfrutamos onte no IES Frei Martín Sarmiento coa presenza dos nosos equipos minis e preminis que disputaron 4 partidos amistosos fronte aos equipos do noso club invitado, o CB Dorna da Illa de Arousa.

Máis de 50 xogadores de ambos clubes fixeron as delicias do público que encheu as gradas do IES. E como os resultados son o de menos, queremos facer unha mención aos babys que no caso do CAB completaron as plantillas dos minis e preminis e que o fixeron de xeito maravilloso, competindo moi ben e sobre todo divertindose a tope.

Dende o CAB Pontevedra queremos agradcer especialmente a colaboración de moita xente para que a xornada se poidese celebrar de xeito exitoso: primeiro ao CB Dorna pola súa amabilidade, logo aos pais e nais que botaron unha man dende temprana hora para pintar liñas, mover banquillos, arranxar canastas, etc., aos voluntarios do CAB que axudaron arbitrando partidos e levando puntos e tempos nas mesas (un orgullo para o club dispor xa de dous oficiais de mesa titulados, Dani e Pablo, noraboa aos dous...), etc.

De xeito especial, coma sempre, agradecemoslle moito a súa presenza aos nosos eficientes e "artísticos" fotógrafos, Miguel Morales e Juan Santos, nesta ocasión. O seu traballo (ao que tedes acceso na parte inferior desta páxina) sirve para resumir o ben que o pasamos no Frei.

Seguiremos repetindo estas experiencias. Moitas grazas

en la prensa

Campus de pretempada do CAB Pontevedra
25/08/2017 Fegaba.com
Hoxe visitounos o CAB
22/06/2017 IES Sanchez Cantón en Facebook
El primer triple (reportaje sobre el Premini femenino 2007)
22/05/2017 Diario de Pontevedra
Los pequeños reyes del baloncesto base
02/05/2017 Diario de Pontevedra
El CAB pule su cantera
Miércoles 7 de septiembre de 2016 FARO DE VIGO

fotos

,