Lun, 06/05/2019

O CAB MRW consegue o título zonal arousano

A falta dunha xornada para o final da liga regular, o CAB MRW, equipo adestrado por Ramón Santos, conseguiu matemáticamente o título de campéon de 2ª división de minibasquet feminino, na delegación arousana da FEGABA. Esto dalles a posibilidade de loitar contra o resto de campeóns zonais na procura do ascenso á liga galega da súa categoría.

O equipo, imbatido no que vai de temporada, está formado por Sabela Miguez, Blanca Collazo, Nuala Casado, Elena Fraguas, Selina Clark, Candela Barreiro, Claudia Santos, Valeria Villa, Candela Prieto, Carlota Vázquez, Aitana Núñez, Antía Teixeira e Ana Loroño. No papel de delegado, está José Casado.

A fase de ascenso se disputará a fin de semana do 1-2 de xuño no pavillón Coto Ferreiro da Estrada.

A todas elas, ó adestrador e ó delegado, ás nais, pais e familiares, que siguen ás nenas todos as fins de semana e ó noso patrocinador, MRW, agradecemoslle o esforzo e dende o club dámoslles a noraboa desexándolles que teñan moita sorte na fase de ascenso.