Lun, 06/11/2017

Outonobasket 2017: grazas a todos

O pásado sábado celebramos o noso primeiro Outonobasket para as categorías minis e priminis. Logo de moitos días de traballo creemos que o noso primeiro e único obxectivo se cumpriu sobradamente: que os nenos e nenas pasasen unha boa xornada disfrutanto arredor do baloncesto.
Sabemos que temos que mellorar moitas cousas e ese será o reto para futuros torneos e outras citas que queremos organizar en colaboración cos demáis clubs da zona.
A lista de agradecementos é moi ampla. Pedimos disculpas si nos olvidamos dalgún.
Grazas en primeiro lugar aos clubes que viñeron a xogar, aos seus nenos e nenas, técnicos e pais: Estudiantes da Xunqueira, O Meco Grove, Dorna e Marín Peixegalego.
Grazas aos pais e nais do CAB que colaboraron antes, durante e despois do torneo, instalando canchas, recollendo e movendo cousas, limpando, etc etc.
Grazas aos nenos e nenas do CAB que colaboraron arbitrando os partidos.
Grazas ao noso patrocinador Domino's polas pizzas que tan ben sentaron ao remate do torneo.
Grazas aos nosos fotógrafos. Na parte inferior tedes os enlaces aos seus maravillosos traballos.
E grazas a todos os que dun xeito ou outro fixeron posible o desenvolvemento do torneo. Sin eles tería sido imposible levalo a cabo. A súa disposición fai que teñamos claro que no 2018 haberá Outonobasket outra vez.

Mentras tanto, a seguir disfrutando do deporte base.

en la prensa

Campus de pretempada do CAB Pontevedra
25/08/2017 Fegaba.com
Hoxe visitounos o CAB
22/06/2017 IES Sanchez Cantón en Facebook
El primer triple (reportaje sobre el Premini femenino 2007)
22/05/2017 Diario de Pontevedra
Los pequeños reyes del baloncesto base
02/05/2017 Diario de Pontevedra
El CAB pule su cantera
Miércoles 7 de septiembre de 2016 FARO DE VIGO

fotos

,