Jue, 17/10/2019

Outonobasket 2019

Dende as 10 ata as 19 horas do sábado 19 Príncipe Felipe acollerá a máis de 150 xogadores dalgúns dos mellores clubes da provincia na 3ª edición do noso Outonobasket 2019.

Sen caracter competitivo e soamente con gañas de diversión e deporte, pasarán polas 3 canchas do pavillón de Montecelo equipos como Defensores do Morrazo (Cangas), CB Meco (O Grove), Extrugasa Río Ulla (Pontecesures), Estudiantes Pontevedra, Xuven Cambados, Termas de Cuntis e Marín Peixegalego.
Xunto a estes invitados, participarán 6 equipos do noso club, tres en categoría mini e outros tres en categoría feminina.

Temos que salientar que este ano moitos dos equipos participantes concurren ó torneo con equipos mixtos, o que creemos que é un aspecto moi interesante e a ter en conta.

Todos os xogadores así como os seus adestradores e técnicos que os acompañen comerán invitados pola organización, logo do apoio que nos proporcionan empresas como Gadis, Froiz e Domino's Pizza.

Os participantes levarán unhas medallas conmemorativas do torneo.

Estades todos invitados a participar da festa do minibasket. Agardomosvos no Príncipe Felipe.