Lun, 05/11/2018

Trofeo Máis que rugby

No marco da exitosa e xa tradicional Outubrofesta, o noso club recibiu o trofeo "Máis que rugby" que os nosos amigos do Pontevedra Rugby Club, organizadores da festa e impulsores do rugby na cidade otorgan dende hai xa anos para destacar a labor doutros clubs locais na promoción do deporte base.

O trofeo foi entregado polo presidente do Pontevedra Rugby Club, Félix Álvarez, ao noso presidente, Javier Villa, diante dunha numerosa representación de xogadores, pais e afeccionados de ambos clubs nun acto no que tamén pudimos degustar unha salchicha xigante coa que os organizadores tiveron o detalle de agasallarnos.

Dende o CAB queremos agradecer de todo corazón a entrega do Premio, a consideración pola nosa labor e destacar ao Pontevedra Rugby Club como un modelo a seguir en todo o relativo ao deporte base e tamén no relativo á súa capacidade de movilización e organización de eventos como queda demostrado co éxito da Outubrofest e de calquera iniciativa social na que se embarcan.

Moitas grazas de novo e dende hoxe Pontevedra Rugby Club e CAB Pontevedra consideranse xa clubs hermanados.

  • Deputacion Pontevedra
  • Xunta de Galicia-Deporte galego
  • Concello de Pontevedra - Deportes
  • Xunta de Galicia-Galicia saudable
  • CAB e Pontevedra Rugby Club, clubs hermanados

    Inmoponte - CAB Pontevedra
    Domino's Pizza
    Magarden-Mafari
    Ortopedia Acceda
    Valorar-t
    Umana

    anuncios

    Ven al CAB

    crónicas de los partidos del CAB

    fotos

    los equipos del CAB