Mar, 19/03/2019

Unha tarde de ACB en Fontes do Sar

Unha gran representación do CAB asistiu o pasado sábado día 16 ao partido da ACB entre Mombús Obradoiro e Divina Seguros Joventut.

Para o encontro fletaronse dous autobuses, o que reflicte o bó momento social que o noso xoven club atravesa. Dende a Directiva do CAB queremos darlle as grazas en primeiro lugar ao Obradoiro e especialmente a todos os socios e socias do club polo seu compromiso para asistir a este evento e en xeral pola súa estupenda resposta a calquera actividade que dende o club planteamoslle.

Deixamos aquí un enlace á reportaxe fotográfica realizado por Antonio Vila, un dos nosos habituais e estupendos fotógrafos.