Jue, 30/05/2019

Xornadas de portas abertas: ven ó CAB!!!

Durante o mes de xuño abrimos as nosas portas para facilitar a nenas e nenos de todas as idades que se acheguen ó deporte da canasta, teñan experiencia ou non, adestrando cos equipos e técnicos do club.

As xornadas terán lugar no pavillón do IES Frei Martín Sarmiento (entrada pola zona do Gorgullón) en horario de 19 a 21, de luns a venres.

Cumplidos xa os nosos primeiros 5 anos, contamos na actualidade con 160 xogadores/as, englobados en 14 equipos e en úas Escolas deportivas, dende babybasket (4-6 anos) a cadetes (13-14). Na próxima temporada a nosa previsión é a de manter un número similar de equipos, incorporando a categoría junior e participando nas competicións zonais arousanas e nas ligas galegas.

Abrir as nosas portas á chegada de novos xogadores, que coñezan a experiencia dos que xa forman parte do noso club e disfrutar do basket como actividade lúdica e formativa é o obxectivo que temos no CAB Pontevedra coa organización destas xornadas, nas que te invitamos a participar.

VEN !!!